Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1693 (Xuliano) Foulby (en) |
Morte | 24 de marzo de 1776 (83 anos) Londres |
Lugar de sepultura | St John-at-Hampstead (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Red Lion Square (en) |
País de nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Actividade | |
Ocupación | clockmaker (en) , inventor , astrónomo , deseñador |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Fillos | William Harrison |
Premios
| |
John Harrison, nado en Foulby, West Yorkshire (Inglaterra) en 1693[1] e finado en Londres o 24 de marzo de 1776, foi un reloxeiro inglés famoso por ter deseñado e facer funcionar o primeiro cronómetro mariño de alta precisión, suficiente para determinar a lonxitude no mar cando se percorren grandes distancias. Tamén construíu 4 cronómetros que permitían o cálculo da lonxitude mediante a diferenza entre a hora local (calculada cunhas táboas e facendo medidas astronómicas co octante) e a hora dun meridiano orixe, por exemplo Greenwich (mantida polo cronómetro).[1]